• O BegoZine
  • Begoña Caamaño
  • Xoga con Begoña
    • Encrucillado
    • As parellas
    • Test de personalidade
    • Crebacabezas
    • Crebacabezas deslizante
    • Obxectos ocultos
    • Galletas da fortuna
  • As historias de Caamaño

BegoZine

Fanzine interactivo sobre Begoña Caamaño

O BegoZine

Isto que é?

Logotipo do fanzine interactivo

Dámosche a benvida! Acabas de chegar a un espazo colaborativo onde se homenaxea a Begoña Caamaño, a autora á que se adica o Día das Letras Galegas 2026.

Isto é un fanzine multimedia: fanzine porque está formado por creacións diversas e de distinta autoría. E multimedia porque contén materiais en formato textual, pero tamén audiovisual e interactivo, que che permitirán coñecer mellor o mundo caamañiano.

Acabas de chegar, en definitiva, o BegoZine.

E... quen o fixo?

A clase

Este proxecto foi realizado polo estudantado do módulo Deseño e planificación de produtos editoriais multimedia do 2º curso do Ciclo Superior de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia do CIFP Leixa (Ferrol).

Fotografía do equipo participante do proxecto.
 O equipo participante do BegoZine.

Autoría

A autoría de todas as imaxes, vídeos ou outros elementos relativos á autora son propiedade das súas respectivas autoras e autores. Principalmente obtivémolas dos repositorios da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega.

Este proxecto, salvo no caso de recursos externos e debidamente acreditados, está publicado baixo a seguinte licenza:

Licenza CC-BY CC BY-NC 4.0.

A publicación final realizouse co software eXeLearning.

ODS

Este proxecto colabora en acadar os seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  • ODS 4: Educación de calidade (meta 4.7)
  • ODS 5: Igualdade de xénero (meta 5.b)
  • ODS 10: Redución das desigualdades (meta 10.3)
  • ODS 11: Cidades e comunidades sostibles (meta 11.4)
  • ODS 12: Produción e consumo responsables (meta 12.b)
  • ODS 16: Paz, xustiza e institucións sólidas (meta 16.1)

Entendido. Hai algo que deba ter en conta?

É importante ter conciencia de que este proxecto xorde dun centro educativo, e que todos os contidos aquí localizables foron desenvoltos polo alumnado do mesmo (agás cando se cite a autoría externa de elementos ou textos). Isto supón unhas certas limitacións de tempo e recursos que implican que estas publicacións poidan conter erros e imprecisións. Xa que logo, pregamos que non se entenda o aquí publicado como 100 % verídico, senón que, malia a revisión do profesorado e o esforzo e compromiso do alumnado, pode incorrer en certas imprecisións e datos erróneos.

Polo tanto, nin o o centro, o equipo docente, ou o estudantado, se responsabilizan dos posibles problemas derivados do contido aquí recollido. En todo caso, agradecementos que se nos contacte para corrixir o que for necesario, lamentando as molestias provocadas e agradecendo a comprensión das persoas usuarias do proxecto.

Podo compartilo?

Claro! Temos un cartel e un díptico listos para imprimir:


Cartel do BegoZine.

Preme aquí para descargar o cartel en .pdf.


Díptico do BegoZine.

Preme aquí para descargar o díptico en .pdf.


Se desexas inserilo nalgún documento ou noutro sitio web, aquí tes o código QR xa listo:


Código QR que liga ao BegoZine.

Previous Next